El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A actividade escénica volve de novo ó Salón Teatro

A Centro Dramático Galego coproduce a nova proposta de A Panadaría

REDACCIÓN  | 14.09.2017 
A- A+

Santiago. O Salón Teatro de Santiago retoma a súa actividade para a temporada 2017-2018 co novo programa de residencias do Centro Dramático Galego (CDG), no que participan ata finais de outubro catro compañías para a montaxe de cinco espectáculos. O proceso de creación de Elisa e Marcela, a cargo de A Panadaría en coprodución co CDG, é o primeiro en ocupar o escenario sede da compañía pública. Seguiranlle Feira do Leste con O exilio das moscas e Tras Tannhäuser, Javier Martín con O estado cru e Anómico Teatro con Chuvia. Deste xeito, os medios técnicos e artísticos do Salón Teatro incorpóranse á montaxe dos proxectos cun tempo de duración variable, dándolle resposta ás solicitudes das compañías e como xeito de prestar apoio ás principais necesidades de cada espectáculo.