El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tecnoloxía

Lenovo presenta unha nova estación de traballo compacta

A ThinkStation P320 Tiny é unha workstation cun volume de só 1,13 litros

MARCUS FERNÁNDEZ  | 21.06.2017 
A- A+

Existen moitos perfís de usuario que precisan equipos informáticos de certa potencia, pero non queren sacrificar moito espazo no seu escritorio, e para atender a esa demanda Lenovo vén de presentar o ordenador ThinkStation P320 Tiny, que a compañía considera que sería a estación de traballo máis pequena do mercado con certificación ISV, que mide 182,9 x 179 x 34,5 milímetros e pesa 1,3 quilogramos, contando tamén coa opción de incorporarlle un adaptador VESA (o que facilita a súa ocultación detrás dun monitor).

Os equipos ThinkStation P320 Tiny poden equiparse con procesadores Intel Core de sétima xeracións, gráfica nVIDIA Quadro P600, até 32 GB de RAM DDR4 a 2.400 MHz e até 2 TB de almacenamento, contan con 6 portos USB 3.0, 4 miniDisplayPort, 2 DisplayPort, Ethernet e tomas de audio, de xeito que sería un produto moi atinado para profesionais como arquitectos, enxeñeiros o profesionais das finanzas (pois teñen potencia dabondo para mover os gráficos en varios monitores á vez). O seu prezo nos EE.UU. parte dos 799 dólares.