El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Os bombeiros localizan a un home morto nun piso da Coruña

A CORUÑA E.P.  | 14.09.2017 
A- A+

Bombeiros da Coruña localizaron morto a un home nun piso da rúa Barcelona, na cidade herculina, segundo informou a Europa Press un portavoz do servizo. En concreto, ao redor das 00,30 horas deste xoves recibiron o aviso da Policía Local para que procedesen á apertura da porta dun primeiro piso do número 103 da rúa Barcelona.

Ao abrila, comprobouse que o residente no inmoble estaba morto. Ao lugar, desprazouse unha ambulancia medicalizada de Urxencias Santiarias de Galicia-061 que certificou a morte do home, de 57 anos e iniciais F.R.R.C, precisaron desde o 061.