El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O Concello de Lousame e Cáritas asinaron un convenio de colaboración para a instalación de tres contedores de recollida de téxtil

Os dous primeiros están nos adros das igrexas de Fruíme e Vilacoba. En próximos días instalarase outro máis no cruce do Sanguiñal

LOUSAME  | 14.02.2018 
A- A+

O Concello de Lousame e Cáritas veñen de asinar un convenio de colaboración para a instalación de tres contedores destinados á recollida de téxtil, calzado e complementos doados polos veciños e veciñas do municipio. Dous dos contedores, serigrafados co logotipo de Cáritas e con capacidade para 250 quilos de téxtil, xa están instalados nas contornas dos adros das igrexas de Fruíme e de Vilacoba. O terceiro contedor emprazarase en próximos días na contorna do cruce do Sanguiñal.

O proxecto non supón custe algún para o Concello de Lousame, pois será Cáritas ou a súa empresa de inserción laboral (Arroupa) quen se encargarán da recollida da roupa, calzado e complementos que se depositen nestes tres contedores para proceder á súa reciclaxe téxtil. Parte do recollido destinarase para as tendas de segunda man e o roupeiro de Cáritas, mentres que as prendas en peor estado recibirán un tratamento para a reciclaxe de materiais naturais coma o algodón ou o liño.